HISTORIA E CIENCIAS SOCIAIS

9 dic 2013

Rematou Cinema, medioambiente e conflito social


O pasado 4 de decembro celebrouse a derradeira sesión do ciclo de cine sobre medioambiente e conflito social.
Xaquín Rudido Muñiz foi o encargado de levar a diante a sesión na que se visionou A mirada de Anna, documental no que a fotoxornalista catalana repasa a Transición en Galicia.
Xaquín Rubido é un ecoloxista de longa traxectoria de activismo sociopolítico. Participou na creación do Sindicato Agrario Galego, no Círculo de Información e Estudos Sociais (CIES), na formación da Coordenadora Veciñal de Montes en Man Común de Pontevedra, na Comisión Cidadá en Defensa da Illa de Cortegada… Na actualidade é voceiro da Plataforma Nunca Máis. A persoa axeitada, xa que logo, para comentar A mirada de Anna, filme no que se nos fala, entre outros moitos temas, da construción da Autopista do Atlántico, do conflito de Xove, dos montes en man común, etc. O comentario de Xaquín Rubido tratou dos movementos sociais na Transición e hoxe, das diferencias e das semellanzas. 
Non nos queda nada máis que agradecer a colaboración de todas as persoas que colaboraron neste curso: quen se encargou dos relatorios, asistentes e responsables das burocracias, que non son poucas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario