HISTORIA E CIENCIAS SOCIAIS

9 dic. 2013

Rematou Cinema, medioambiente e conflito social


O pasado 4 de decembro celebrouse a derradeira sesión do ciclo de cine sobre medioambiente e conflito social.
Xaquín Rudido Muñiz foi o encargado de levar a diante a sesión na que se visionou A mirada de Anna, documental no que a fotoxornalista catalana repasa a Transición en Galicia.
Xaquín Rubido é un ecoloxista de longa traxectoria de activismo sociopolítico. Participou na creación do Sindicato Agrario Galego, no Círculo de Información e Estudos Sociais (CIES), na formación da Coordenadora Veciñal de Montes en Man Común de Pontevedra, na Comisión Cidadá en Defensa da Illa de Cortegada… Na actualidade é voceiro da Plataforma Nunca Máis. A persoa axeitada, xa que logo, para comentar A mirada de Anna, filme no que se nos fala, entre outros moitos temas, da construción da Autopista do Atlántico, do conflito de Xove, dos montes en man común, etc. O comentario de Xaquín Rubido tratou dos movementos sociais na Transición e hoxe, das diferencias e das semellanzas. 
Non nos queda nada máis que agradecer a colaboración de todas as persoas que colaboraron neste curso: quen se encargou dos relatorios, asistentes e responsables das burocracias, que non son poucas.

1 dic. 2013

Terceira sesión de Cinema, medioambiente e conflito social (26.11.2013)

Ramón López Facal, profesor da USC, presentou a Alba DíazGeada, quen acaba de acadar a máxima puntuación na defensa da súa tese de doutoramento: Mudar en común. Cambios económicos, sociais e culturais no rural galego do franquismo e da transición (1959-1982); un traballo que inclúe un apartado sobre a movilización contra a contrución dunha central nuclear en Xove (Lugo), que é o tema da sesión.
Alba Díaz destacou a multiplicidade de puntos de vista para acercarse a esta cuestión, deixando ben claro que ela non estudiou o proceso de mobilización en se mesmo senón como un instrumento para coñecer os cambios e as permanencias na actitude do campesinado labrego. Axentes, repertorios de protesta ou motivacións son aspectos sobre os que falou Díaz Geada, quen tamén insistiu na importancia do contexto político no que se deu o conflito de Xove. Marcando distancias entre a Galicia do momento e o País Vasco (neste caso, o recurso á violencia, a presenza de ETA constitúe o elemento diferenciador), quixo destacar, por outra banda, o tratamento que Lemoniz, la centralfantasma dá aos vecinos, que tan soamente aparecen ao final do documental.

Tralo visionado do filme, abriuse unha quenda de intervencións nas que, unha vez máis, se falou das posibilidades que ofrece Lemoniz para as aulas así como dos problemas medioambientais actuais.
A cuarta e derradeira sesión deste ciclo terá lugar o mércores, 4 de decembro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC. Proxectarase A mirada de Anna, documental dirixido por Jorge Algora con guión de Llorenç Soler. Un fragmento de A mirada de Anna está disponible en: http://www.youtube.com/watch?v=mwbqC2d6Y1U

Pódese atopar información sobre estes temas nas seguintes referencias bibliográficas:
 
Alonso, V.L. et al. (1976): Crisis agrarias y luchas campesinas, 1970 – 1976, Madrid, Ed. Ayuso

Costa Morata, P. (2001): Nuclearizar España. Troya Editorial, Madrid (1ª Ed. Barcelona, Los Libros de la Frontera, 1976).

Fernández Sánchez, J. (1999), El ecologismo español, Madrid, Alianza.

Foweraker, J. (1990): La democracia española. Los verdaderos artífices de la democracia en España, Madrid, Arias Montano.
Herrera González de Molina, A., (2007),  La construcción de la democracia en el campo (1975-1988): el sindicalismo agrario socialista en la Transición española, Madrid, MAPA.

Langreo, A. (1996): “Del campesino al empresario agrario: los conflictos actuales del medio rural”, en García de León, M.A. (ed.), El campo y la ciudad, Madrid, MAPA, pp. 45 – 77.

Lanero Táboas, D. (ed.), (2013): Por surcos y calles. Movilización social e identidades en Galicia y País Vasco (1968 – 1980), Madrid, Los Libros de la Catarata.

López Romo, R. (2011), Años en claroscuro. Nuevos movimientos sociales y democratización en Euskadi, 1975 – 1980, Bilbao, EHU-UPV.

Naredo, J.M., (1996), La evolución de la agricultura en España: (1940 – 1990), Granada, Universidad de Granada (1ª Edición, Barcelona, Laia, 1977).

Sabio Alcutén, A. (2001), Labrar democracia y sembrar sindicalismo: la Unión de Agricultores y Ganaderos de Aragón (1975 – 2000), Zaragoza, Unión de Agricultores y Ganaderos de Aragón.

Soto Fernández, D.; Herrera de Molina, A.; González de Molina, M.; Ortega Santos. A (2007); “La protesta campesina como protesta ambiental, siglos XVIII-XX”, Historia Agraria, 42, pp. 277 – 301.


23 nov. 2013

Segunda sesión de Cinema, medioambiente e conflito social (20.11.2013)

 
Carme Alvariño Alejandro, profesora no IES de Sar (Santiago de Compostela), foi a encargada de presentar a segunda sesión do ciclo Cinema, medioambiente e conflito social, que se celebrou o mércores 20 de novembro no Salón de Actos da Facultade de Filosofia da USC.
Carme Alvariño, que dixo que o protagonista da sesión era a auga, presentou a Raúl Sotuelo Vázquez, tamén profesor de Ensino Secundario (IES de Porto do Son), de quen destacou a súa experiencia no terreo da formación do profesorado así como a súa traxectoria investigadora, especializada en movementos migratorios.

Raúl Sotuelo, autor dun traballo sobre as repercusión das construción do embalse de Castrelo de Miño nos anos sesenta (“Marcharon coa terra e a xente marchou”. Un caso de movilización y resistencia campesina en la Galicia del franquismo: las protestas contra la construcción del embalse de Castrelo de Miño (Ourense, 1964-1965)”, en Díaz Barrado, M.P. (coord.), Historia del Tiempo Presente. Teoría y metodología, Cáceres, Universidad de Extremadura, 1998, pp. 361-366.), comezou o seu relatorio resaltando o feito de que nun primeiro visionado do filme da sesión (La selva esmeralda) non lle foi doado atopar puntos de coincidencia co tema da súa exposición. Unha exposición, dixo, preparada sobre o feito de que a maior parte das persoas asistentes ao ciclo están dedicadas ao ensino secundario.
Posiblemente, comentou o relator, a relación entre territorio, lingua, identidade.. é o punto de confluencia entre o que nos conta o filme e o que nos trasmite o conflito de Castrelo de Miño. Unha forma de vivir, unha forma de entender o mundo vense ameazadas en La selva esmeralda e víronse ameazadas en Castrelo de Miño. Deste val e das xentes que o ocupaban apenas quedan restos na memoria… Sobre eles falou Raúl Sotuelo.
Recomendou a lectura de Morrer en Castrelo de Miño, novela de Xosé Fernández Ferreiro. Outras lecturas xurdiron no debate posterior ao visionado de La selva esmeralda: por exemplo, El corazón de la tierra, novela de Juan Cobos Wilkins (2001), sobre a que se basa a película homónima de Antonio Cuadri (2007). Falouse tamén de Local hero (Bill Forsyth, 1983) y de Y también la lluvia (Icíar Bollaín, 2010).
 

17 nov. 2013

Cinema, medioambiente e conflito social: bibliografía

Tal e como se solicitou na primeira sesión do ciclo, Daniel Lanero Táboas achéganos unha amplia bibliografía sobre os conflictos medioambientais en Galicia. Trátase, nuns casos, de textos resultados da investigación; noutros, son escritos que, dada a súa data, poden ser considerados como fontes. Algunhas das referencias pódense descargar de internet:
 
Álvarez Gándara, A. (1966), “Castrelo de Miño debe ser salvado”, Irmandade: boletín mensual de la Hermandad Gallega, Caracas, 11, (ano II), p. 5.

Cabana Iglesia, A. (2006), “Minar la paz social. Retrato de la conflictividad rural en Galicia durante el primer franquismo”, Ayer, 61, pp. 267 – 288.

Cabana Iglesia, A. (2007): Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936 – 1960), Santiago de Compostela, Servizo de Publiacións e Intercambio científico da Universidade de Santiago de Compostela (CD ROM).

Cabana Iglesia, A.; Lanero Táboas, D. (2006), “La reactualización de la protesta en la Galicia rural (1960-1980): el conflicto en torno a la “cuota empresarial” de la Seguridad Social Agraria”, VI Encuentro de Investigadores sobre el franquismo, Zaragoza, Departamento de Historia Moderna y Contemporánea, Universidad de Zaragoza/Fundación Sindicalismo y Cultura (CCOO), pp. 520-533.

Cabana Iglesia, A. (2006), “A memoria tolleita. As pegadas da represion franquista na memoria rural galega”, Grial, 170, pp. 36-43.

Cabana Iglesia, A.; Díaz Geada, A.; Lanero Táboas, D.; Santidrián Arias, V.M.; Taboada Casteleiro, A. (2011), “Dinámicas políticas de la sociedad ruralgallega: entre la agonía de la dictadura y la implantación de la democracia:(1970-1978)”, en XIII Congreso de la Sociedad Española de Historia Agraria (SEHA), Lleida, maio de 2011.

Cabana Iglesia, A. (2011), “De uces a praderías. As paisaxes impostas pola política de colonización franquista”, en: Pérez Moreira, R.; López González, F.J. (eds.): Cultura e paisaxe, Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC, pp. 135 – 156.

Carballa, X. (1988), “Castrelo de Miño, a historia dun val afogado”, A Nosa Terra, 5, pp. 55-60.

Castro, B. do (2003): Moncho Valcárce, o cura das Encrobas, A Coruña, Novos Vieiros

Collarte Pérez, A. (2006), Labregos no franquismo. Economía e sociedade rural na Galiza interior. As “hermandades sindicais” en Ourense (1943 – 1978), Ourense, Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Díaz Geada, A. (2011), O campo en movemento: o papel do sindicalismo labrego no rural galego durante o tardofranquismo e a primeira etapa democrática (1964-1986), Santiago, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico USC.

Díaz Geada, A. (2012), “Expediente Xe: Sindicalismo nacionalista y comportamiento electoral en el rural gallego durante la Transición. Una propuesta de trabajo”, Comunicación presentada en el Congreso Internacional La transición española a la democracia: imágenes, testimonios y territorios, Yuste e Cáceres, 24-26 de novembro de 2010 (no prelo).

Domínguez Castro, L.; Quintana Garrido, X.R. (1996): “Nacionalismo radical, transición y proceso autonómico en Galicia”, en VVAA: Congreso Internacional Historia de la Transición y de la Consolidación democrática en España (1975 – 1986), Madrid, UNED, pp. 457 – 473.

Fernández, C.; Sabucedo, X.M. (2005): Do descontento á acción. A construcción social da protesta campesiña en Galiza, Vigo, Xerais.

Fernández Roupar, X. (1979): Os labregos galegos diante da loita de liberación nacional, A Coruña, Edicións Fagylsa.

Freire Cedeira, A. (2011), En defensa de lo suyo. Propiedad vecinal y conflictividad social durante el franquismo, los montes vecinales de Cerceda (A Coruña), Santiago, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico USC.

Freire Cedeira, A. (2011), “En defensa de lo suyo. El papel de las mujeres en la conflictividad social generada en el medio rural gallego durante el franquismo”, en Barrio Alonso, A.; De Hoyos Puente, J. y Saavedra Arias, R. (eds.): Nuevos Horizontes del pasado: culturas políticas, identidades y formas de representación, PubliCan, Ediciones de la Universidad de Cantabria, Santander.

Freire Cedeira, A. (2012), O monte é noso. As mulleres e a conflitividade social no medio rural galego durante o franquismo, Santiago, Concello de Santiago – USC.

González Crespo, Mª C. (1988), ”Celulosas, a mazá envenenada. Pequena história da oposición”, A Nosa Terra. A Nosa História, 5, pp. 62-66.

González Vázquez, F. (1997): Os começos da politica de concentraçom parcelaria em Galiza. Vale de Barcala, década de 1950, Memoria de Licenciatura inédita, Universidade de Santiago de Compostela.

Grupo dos comúns (2006), Os Montes veciñais en man común: o patrimonio silente: natureza, economía, identidade e democracia na Galicia rural, Vigo, Xerais.

Herrero Pérez, N.; Xende Barbeito, A. (1995): As Encrobas; una memoria expropiada, Padrón, Iria Flavia/ Novo Século.

Herrero Pérez, N. (2002): “Paisajes de una mina a cielo abierto”, en VVAA: Los últimos mineros. Un estudio antropológico sobre la minería en España, Madrid, CIS, pp. 169-231

Lanero Táboas, D. (2008): “Una relación compleja: comunidad rural, conflicto socioambiental y organizaciones políticas en la Galicia de la Transición. El caso de As Encrobas”, Comunicación al XII Congreso de la Sociedad Española de Historia Agraria (SEHA), Córdoba.

Lanero Táboas, D.; Cabana Iglesia, A (2009), “Movilización social en la Galicia rural del tardofranquismo(1960-1977)”, Historia Agraria, 48, pp. 111-132.
 
Lanero Táboas, D. (2011): Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo, Santa Comba (A Coruña), tresCtres.

Lanero Táboas, D.; López Romo, R. (2011), “Antinucleares y nacionalistas. Conflictividad socioambiental en el País Vasco y la Galicia rurales de la transición (1974 – 1979)”, Historia Contemporánea, 43, pp. 749 – 777.

Lanero Táboas, Daniel (ed.) (2013), Por surcos y calles. Movilización social e identidades en Galicia y País Vasco (1968-1980), Madrid, Los Libros de la Catarata.

Muñiz de las Cuevas, R. (1988): "Historia das Comisións Labregas", A Nosa Terra. A Nosa História, 5, pp. 48 - 54.
 
Pérez Touriño, E.; Colino Sueiras, X. (1983): Economía campesiña e capital. A evolución da agricultura galega 1960-1980, Vigo, Galaxia.

Ribas Álvarez, A. (2004), O impacto da concentración parcelaria na dinámica das explotacións agrarias, estudo para as explotacións bovinas da provincia de A Coruña, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (CD-ROM).

Rico Boquete, E. (1995), Política forestal e repoboacións en Galicia, 1941-1971, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela.

Rico Boquete, E. (1999): Montes e industria forestal en la provincia de Pontevedra (1900-1975). Antecedentes y desarrollo de la Empresa Nacional de Celulosas, S.A, Santiago de Compostela, Tórculo

Santidrián Arias, V. (2002): Historia do PCE en Galicia, 1920-1968, Sada, Eds. do Castro.

Santidrián Arias, V.M. (2006): "A conflitividade agraria e asComisións Obreiras de Galicia", Dezeme. Revista de Historia e Ciencias Sociais da Fundación 10 de Marzo, 11, pp. 24-33.
 
Soto Fernández, D. (2006): Historia dunha agricultura sustentábel. Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.

Soutelo Vázquez, R. (1998): “Marcharon coa terra e a xente marchou”. Un caso de movilización y resistencia campesina en la Galicia del franquismo: las protestas contra la construcción del embalse de Castrelo de Miño (Ourense, 1964-1965)”, en Díaz Barrado, M.P. (coord.), Historia del Tiempo Presente. Teoría y metodología, Cáceres, Universidad de Extremadura, pp. 361-366.

Taboada Casteleiro, A. (2009): Sindicatos, cooperativas e algumhas certezas: Mobilizaçom campesinha na Límia na Transición (1973-1982), Santiago de Compostela, Memoria de investigación inédita, Universidade de Santiago de Compostela.

VVAA. (1966): “Testimonios y documentos: el salto de Castrelo de Miño”, Revista de Economía de Galicia, 49 – 54, Vigo, Galaxia, pp. 69 – 124.

Cinema, medioambiente e conflito social: primeira sesión




O pasado mércores, 13 de setembro, deu comezo a primeira sesión do Ciclo de Cine: Cinema, medioambiente e conflito social, organizado por Nova Escola Galega e a Asociación Cultural Sinenomine.

Esta actividade de formación do profesorado, que se desenvolveuse na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, foi dirixida por Daniel Lánero Táboas, investigador principal do proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”.
Tras facer unha breve introdución ao ciclo, Daniel Lanero presentou ao ponente da primeira sesión, Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC.

Fernández Prieto comezou a súa exposición cunhas breves referencias aos documentais que corresponden a esta sesión: Autopista, unha navallada á nosa terra (1977) e Omonte é noso (1978) (), dos que Llorenç Soler é autor. Trátase de documentais militantes, feitos no seu tempo cunha mirada “bastante antropolóxica”. Para entender estes documentais de hai case corenta anos, mesmo para entender a proxección ao presente dos problemas tratados, cómpre saber que a metade do territorio galego é monte comunal, unha realidade que se dá en Galicia e noutros moi poucos territorios europeos. Unha realidade que intentou rachar o réxime liberal dende o século XIX e a ditadura franquista coa súa política repoboadora (eucalipto, piñeiro) que pretendía especializar o monte galego na produción forestal. O propio réxime tivo que dar marcha atrás, en certa maneira, en 1968 cando unha sentenza do Tribunal Supremo obrigou a devolver a propiedade dos montes ás comunidades de vecinos.

Rematado o visionado dos documentais, abriuse un turno de debate no que se falou das posibles semellanzas entre os conflitos medioambientais da época estudada e os da actualidade, das semellanzas e diferenzas na resposta social, da postura do campesinado ante as transformacións económicas e políticas, etc.

A próxima sesión comezará ás 18:00 h. do  mércores, 20 de novembro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC. La selva esmeralda (John Boorman, 1985) é o filme que se visionará nesta sesión, dirixida pola profesora Carme Alvariño Alejandro, encargada de presentar ao ponente: Raúl Soutelo Vázquez, profesor de Ensino Secundario.

Cinema, medioambiente e conflito social


Nos meses de novembro e decembro desenvolverase en Santiago de o Ciclo de Cine e Historia: Cinema, medioambiente e conflito social. Organizado por Nova Escola Galega e a Asociación Cultural Sinenomine, esta actividade de formación do profesorado está relacionada co proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”, do que Daniel Lanero Táboas, profesor da USC, é o seu investigador principal.

O ciclo desenvolverase de acordo co seguinte programa:

13 de novembro

Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia da USC


HORA
CONTIDO
17.00 h.
18.00 h.
RECEPCIÓN, ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN E INAUGURACIÓN
18.00 h.
21.00 h.
Película/documental: Autopista, unha navallada á nosa terra, de Llorenç Soler (1977, 30 min.).
O monte é noso, de Llorenç Soler (1978, 33 min.).
Conferenciante: Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea, USC.
Presentación: Daniel Lanero Táboas, Investigador Parga Pondal. Dpto. de Historia Contemporánea e de América. USC.



20 de novembro                

Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC

HORA
CONTIDO
18.00 h.
21.00 h.
La selva esmeralda, de John Boorman (1985, 110 min.).
Conferenciante: Raúl Soutelo Vázquez, Profesor de Ensino Secundario.
Presentación: Carme Alvariño Alejandro, Profesora de Ensino Secundario.



26 de novembro                

Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia da USC


HORA
CONTIDO
18.00 h.
21.00 h.
Película/documental: Lemoniz. La central fantasma, ETB (2006, 68 min.).
Conferenciante: Alba Díaz Geada, Investigadora do Dpto. de Historia Contemporánea e de América. USC.
Presentación: Ramón López Facal, Profesor da USC.



4 de decembro                

Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC

HORA
CONTIDO

18.00 h.
21.00 h.
Película/documental: A mirada de Anna, de Llorenç Soler e Jorge Algora (2009, 90 min.).
Conferenciante: Xocas Rubido, ecoloxista.
Presentación: Víctor Manuel Santidrián Arias, Profesor de Ensino Secundario.


21.00 h.
22.00 h.
AVALIACIÓN DA ACTIVIDADE, CONCLUSIÓNS E CLAUSURA


Exposición Vivir da terra






Nos meses de novembro e decembro desenvolverase en Santiago de o Ciclo de Cine e Historia: Cinema, medioambiente e conflito social. Organizado por Nova Escola Galega e a Asociación Cultural Sinenomine, esta actividade de formación do profesorado está relacionada co proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”, do que Daniel Lanero Táboas, profesor da USC, é o seu investigador principal. O proxecto forma parte da actividade do grupo Histagra.


Dentro dos obxectivos de Mobilización política e conflitividade social… atópase o de dar difusión social aos resultados. Con ese motivo, o proxecto de investigación colaborou coa Asociación Cultural Sinenomine na produción dunha mostra itinerante, Vivir da terra. A loita do campesinado galego (1925-1975), destinada a centros de ensino e toda aquela organización social que poida estar interesada nesta cuestión.

Vivir da terra. A loita do campesinado galego (1925-1975A Galicia rural ten sido vinculada ao atraso, á inmutabilidade, ao conservadurismo e ao caciquismo. Sen negar a existencia histórica de actitudes sociais e políticas conservadoras, o certo é que a nosa realidade é bastante máis complexa.
Dende finais do século XIX, producíronse transformacións socieconómicas, políticas e culturais moi profundas que mudaron por completo a face do mundo rural. Xunto con períodos de escaseza material, estancamento produtivo e regresión política e social —como a longa posguerra posterior ao conflito de 1936-1939— existiron etapas e movementos democratizadores, de construción da sociedade civil e de modernización económica. É o caso do agrarismo de comezos do século pasado.
Porén, esta exposición didáctica céntrase na mobilización política e nos múltiples conflitos sociais que tiveron lugar na Galicia rural dos anos finais da ditadura franquista e da transición. Presenta á súa contribución á conquista social da democracia para integrar mellor ó agro na explicación do cambio histórico na segunda metade do século XX”.

Carme Alvariño Alejandro, Xosé Armas Castro, Heladio Anxo Fernández Manso, Mercedes González González, Xosé Lois Gutiérrez Fajilde, Daniel Lanero Táboas, Ramón López Facal, María Luísa Paz Patiño, Francisco Antonio Pérez Otero e Víctor Manuel Santidrián Arias son os autores de Vivir da terra. A loita do campesinado galego (1925-1975), que se pode visualizar na web de Histagra. A exposición, de fácil transporte, pode ser solicitada á Fundación 10 de Marzo (f10m.sn@galicia.ccoo.es).